CRTVG

Buscar

Loiba, deseños e confeccións galegos con visión global

Publicado o 04/10/2019 21:32

Xa presentaron as súas coleccións en París, Londres ou México e agora toca Santiago. E así, horas antes da presentación repasan a orde da colección, a disposición, o alisado e todo aderezado cunha boa dose de nervios porque esta vez, é na casa. A confección de Loiba é cen por cento galega. A aposta polo feito en Galicia dálles un valor engadido, sobre todo, no mercado internacional.

Loiba ademais de vestir, calza. De feito, naceu como firma de zapatos hai dez anos e agora asociouse coa firma rioxana Jose Saenz . Entre os dous visten a muller dos pés á cabeza.

Que a firma se chame Loiba non é casual, é que o seu creador é desa localidade de Ortigueira.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/10/2019