CRTVG

Buscar

Un equipo español logra eliminar o cancro de páncreas en ratos

Publicado o 09/04/2019 17:13

Un equipo español logra eliminar por primeira vez o cancro de páncreas en ratos. É un avance importante para desenvolver terapias efectivas contra este agresivo tumor. Pero os investigadores advirten que a terapia para humanos tardará entre cinco e dez anos. 

Cada ano diagnostícanse en España 8.000 novos casos de cancro de páncreas, un dos máis agresivos. Investigadores do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas acaban de dar un primeiro pero gran paso para combatelo. Modificando xeneticamente dúas moléculas conseguiron bloquear o oncoxene responsable do 95% deste tipo de tumores. Con esa terapia fixeron desaparecer por primeira vez o cancro de páncreas en ratos. O resultado da investIgación é moi alentadora pero non terá incidencia nas persoas que están agora enfermas.

Mariano Barbacid, xefe do grupo AXA do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas: "Estes resultados van ter unha aplicabilidade como mínimo dentro de cinco ou dez anos. Pode ter utilidade para as persoas que desgraciadamente desenvolvan cancro de páncreas no futuro, pero non neste momento".

O achado dos investigadores españoles podería utilizarse tamén para combater tumores de pulmón e colon.

Noticias web

09/04/2019