Logo de tres semanas de corentena, o Cangas e o Cisne xogarán 10 partidos en pouco máis dun mes
E temos liga Asobal no medio desta semana. A liga máis castigada pola covid1-9. Hoxe xoga o Cisne en Valladolid e mañá o Cangas en Pamplona, na casa do Anaitasuna.
Dase a circunstancia de que o Cangas leva sen xogar un mes pola corentena. O último partido xogouno co Granollers.
Cada vez que estes días Nacho Moyano chega ao pavillón e vai cara o seu despacho para preparar os adestramentos sente certo desacougo. O seu equipo non compite dende hai un mes porque tivo 15 xogadores positivos por coronavirus. Estar pendente porque hai secuelas importantes.
A fatiga como secuela do coronavirus dentro do deporte. Preguntemos en Pontevedra. O Dicsa Modular Cisne tivo cinco xogadores positivos.
15 dos 18 equipos da Liga Asobal tiveron casos positivos. Chegaron a aprazarse uns corenta encontros. E agora toca ir recuperándoos. Logo de tres semanas de corentena, o Cangas e o Cisne xogarán 10 partidos en pouco máis dun mes.