CRTVG

Buscar

Localizan unha muller morta nunha praia de Oleiros

Publicado o 14/10/2019 16:54
Localizan unha muller morta nunha praia de Oleiros

A Policía Xudicial da Gardia Civil investiga a morte dunha muller cuxo corpo foi achado na mañá deste luns na Praia de Espiñeiro no municipio de Oleiros. Segundo informaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, a falecida é unha muller de 65 anos veciña da zona na que foi atopada e o seu corpo xa foi recoñecido por familiares. Foi un viandante o que atopou o corpo sen vida desta muller na Praia de Espiñeiro, en Oleiros, pasadas as 10,00 horas deste luns, informou o 112 Galicia.   Axentes da Guardia Civil tratan de aclarar as circunstancias do seu falecemento. Nestas tarefas tamén colaboran membros da Policía Local.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí