Localizan un novo foco na Pobra de Trives con catro afectados
Sobe tamén o número de casos activos na área sanitaria de Ourense, son 16 máis ca onte, con 195 casos en total. Nas últimas horas un paciente de 58 anos que permanecía en planta ingresaba na UCI do hospital de Ourense, co que ascendería a tres o número de ingresados na unidade de críticos. Hoxe localizouse un novo foco na Pobra de Trives, con catro afectados, entre eles un neno. O gromo detectado o mércores en Vilamarín deixa dous novos positivos co que serían 13 os pacientes en illamento. A consecuencia destas dúas novas repuntas, Sanidade restrinxe totalmente as visitas, así como as entradas e saídas á residencia de maiores de ambas as dúas localidades. Nas últimas horas detectouse outro positivo, o dun asesor do alcalde de Ourense, situación que fixo activar o protocolo no Concello.