Localizan un cadáver debaixo da ponte do Burgo, en Culleredo
Publicado o 06/09/2020 15:20
Esta mañá localizouse o corpo sen vida dunha persoa debaixo da ponte do Burgo, que cruza para Cambre, en Culleredo. Apareceu na base dun dos piares, e pode corresponder a unha persoa cuxa desaparición fora denunciada onte en Cambre. No lugar presentáronse membros de Gardacostas de Galicia, Sasemar da Coruña, Proteción Civil de Arteixo e o 061.