CRTVG

Buscar

Localizan un arsenal de armas de guerra dunha organización criminal holandesa

Publicado o 07/07/2019 18:02
Localizan un arsenal de armas de guerra dunha organización criminal holandesa

Nunha operación conxunta da Policía Nacional e da Garda Civil logrouse desartellar na provincia de Málaga unha organización criminal que dispoñía dun arsenal de armas. Entre elas, hai fusís Ak47, subfusís de asalto Skorpion, pistolas semiautomáticas e granadas de man, todas elas con munición e listas para usar. Descubriuse tamén o maior almacén de Europa de substancias precursoras para elaborar drogas sintéticas, con miles de litros de produtos químicos cos que se podían producir máis de 45 toneladas de anfetamina, 25 millóns de pastillas de éxtase e outras substancias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/07/2019