Localizan obxectos persoais preto dos restos óseos de Zaldibar
Publicado o 18/08/2020 14:23
Atopan en Zaldibar obxectos persoais que poderían pertencer a un dos dous traballadores desaparecidos tras do derrubamento do vertedoiro. Trátase dun reloxo, unha cámara e unhas lentes de sol que os equipos de busca localizaron preto dos restos óseos aparecidos esta fin de semana.
Os indicios apuntan a que poderían corresponder a Alberto Sololuze, pero a confirmación definitiva chegará cos resultados das probas de ADN.