CRTVG

Buscar

Localizan o corpo sen vida dun veciño de Narón que desaparecera pola mañá

Publicado o 26/04/2021 18:12
Localizan o corpo sen vida dun veciño de Narón que desaparecera pola mañá

Un veciño de Narón (A Coruña) de 78 anos de idade foi localizado sen vida sobre as 13.30 horas deste luns, 26 de abril, en augas da ría de Ferrol, nas proximidades do embarcadoiro da Gándara, na zona de Longras, o mesmo municipio onde desaparecera.   

A súa falta denunciárana horas antes os seus familiares, que se decataron de que se ausentou do domicilio familiar, situado a menos de dous quilómetros de onde foi localizado, avistado polo propietario dunha embarcación menor e rescatado da auga por unha lancha de Salvamento Marítimo.  

Unha vez en terra, unha comisión xudicial autorizou ou levantamento do corpo e os restos mortais foron trasladados nun furgón fúnebre ao Hospital Naval de Ferrol para que se lle practique a autopsia, que determinará as causas do seu falecemento.