CRTVG

Buscar

Localizan o condutor do patín eléctrico que fuxiu tras atroplear unha muller nunha beirarrúa da Coruña

Publicado o 23/07/2019 20:06

A Policía Local da Coruña xa ten localizado o condutor do patín eléctrico que fuxiu tras atroplear unha muller nunha beirarrúa coruñesa.

Testemuñas do suceso din que o condutor do vehículo lles asegurou, antes de fuxir, que era policía e que sabía o que tiña que facer. Porén, desde a Policía Local coruñesa desbotaron que o autor do atropelo pertenza ás forzas de seguridade.

Mentres, a vítima, de 62 anos, segue recuperándose das súas lesións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/07/2019