CRTVG

Buscar

Localizan o cadáver dunha muller no río Ulla ao paso por Padrón

Publicado o 24/02/2020 11:24
Localizan o cadáver dunha muller no río Ulla ao paso por Padrón

O corpo sen vida dunha muller foi atopado na mañá deste luns na canle do río Ulla, ao seu paso polo municipio coruñés de Padrón.   

Segundo informaron fontes do operativo de emerxencias, foron uns pescadores de lamprea os que observaron o cadáver contra as dez.   

Despois de recibir o aviso, ao lugar desprazáronse os servizos sanitarios, o GES de Padrón, así como axentes da Policía Local e da Garda Civil.   

Estas fontes sinalaron que polo momento se descoñece a identidade da muller, duns 60 anos de idade, xa que non porta documentación.   

Ademais, as autoridades investigan as causas do falecemento.