CRTVG

Buscar

Localizan o cadáver dun home sen sinais de violencia nunha casa 'okupada' en Vigo

Publicado o 27/03/2019 21:50
Localizan o cadáver dun home sen sinais de violencia nunha casa 'okupada' en Vigo

A Policía Nacional de Vigo informou este mércores da aparición do corpo sen vida dun home, que foi atopado nunha casa 'okupada' da cidade, e que presentaba sinais de levar un tempo falecido, aínda que sen indicios de que se trate dunha morte violenta.

Segundo informaron fontes policiais, o achado produciuse pouco antes das 19,00 horas nunha casa do número 16 da rúa Llorente, despois de que avisara unha persoa que estaba nun piso superior do inmoble. O falecido é un home de entre 40 e 50 anos de idade, que estaba na cama dun dos cuartos da vivenda.

O corpo presentaba sinais de deterioración polo paso do tempo e pola posible mordedura dalgún roedor. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Policía Científica, Policía Xudicial e a comisión xudicial correspondente. De momento, descoñécense detalles acerca das circunstancias da morte, aínda que fontes policiais sinalaron que non hai "ningún indicio que apunte a que poida ser unha morte violenta".

Noticias web

27/03/2019