CRTVG

Buscar

Localizan nun monte de Lugo uns insólitos gravados con forma de compás

Publicado o 04/04/2017 19:51

Trátase dunhas inscricións medievais que acaban de ser descubertas por investigadores do patrimonio cultural. Polo de agora, descoñécese cal é o seu significado

Nun monte de Lugo apareceron unha serie de insólitos gravados rupestres. Trátase dunhas inscricións medievais con forma de compás que acaban de ser descubertas por varios investigadores do patrimonio cultural. Polo de agora, descoñécese cal é o seu significado.

Varios investigadores localizaron nun monte de Lugo diferentes tipos de gravados rupestres. Algúns son petróglifos de hai miles de anos, pero outros datan da Idade Media. Trátase duns compases con círculos e frechas descubertos xa nos anos 60 por un petrógrafo francés pero que aínda non foran catalogados. 

Os gravados con forma de compás son únicos no noso país. Non hai constancia doutros semellantes nin se sabe con certeza cal era o seu significado. Si se sospeita que a súa función consistía en delimitar ou orientar. 

Os investigadores que redescubriron os gravados piden agora que Patrimonio os catalogue e os protexa.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/04/2017