CRTVG

Buscar

Localizan na súa vivenda o pescador desaparecido en Bueu

Publicado o 28/05/2021 10:01

Os axentes da Garda Civil atoparon en bo estado o pescador desaparecido esta madrugada en Cabo Udra, no concello pontevedrés de Bueu. Os axentes localizárono no interior da súa vivenda.

Os servizos de emerxencia levaban na súa busca dende as 3:30 deste venres, tras recibir unha chamada de alerta en que se informaba que unha embarcación envorcara. Foi o pescador quen avisou do sucedido. 

O 112 puxo o suceso en coñecemento de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas, que mobilizou a medios aéreos e marítimos. Xa por terra, a Garda Civil e a Policía Local realizaron o operativo desde terra.

Pasadas as 8:30, o home, duns 50 anos, foi localizado na súa vivenda en bo estado de saúde.

 

Noticias web

28/05/2021