CRTVG

Buscar

Localizan focos de listeria na cadea de produción da empresa da que saíu a carne contaminada

Publicado o 23/08/2019 11:30

As análises atopan na empresa Magrudis o foco da  listeria. O laboratorio confirma que o brote se debe ás mechadoras, os instrumentos que se usan para encher a carne crúa, segundo informou o xornal El País. Xa van 175 casos confirmados en seis comunidades. Sanidade lanzou unha alerta sanitaria internacional, ante a sospeita de que algún turista consumise a carne contaminada. 

As análises realizadas en dúas máquinas empregados para encher a carne crúa da empresa sevillana Magrudis deron positivo á presenza da bacteria que causa a listeriose. Magrudis comercializa os seus produtos baixo a marca La Mechá o máis popular e considerado responsable do brote é a carne mechada, aínda que nas instalacións tamén se elaboraban outros, como solombo e roxóns ao forno. Todos están fóra do mercado.

"Efecticamente pódense producir contaminacións cruzadas. E o resto de produtos da fábrica, primeiro non se está a fabricar porque as instalacións están clausuradas e Por iso se clausurou a fábrica e en segundo lugar é unha medida cautelar prudente", asegurou María Luísa Carcedo, ministra de Sanidade.

Os novos datos apuntan a un posible dobre fallo na liña de produción. O primeiro, fallos na hixiene das instalacións e o segundo, a posible non detección de que a carne mechada estaba contaminada por listeria, malia de que a normativa vixente obriga a analizar polo menos cinco mostras de cada lote producido. A contaminación afectou xa a 175 persoas en toda España, das que 82 permanecen hospitalizadas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/08/2019