CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Localizan en Padrón indicios da escaleira que, di a tradición, levaría á 'pedra da Barca' na que se depositarían restos do Apóstolo

Publicado o 14/05/2018 21:25


Adiantabámolo hai uns minutos. A ciencia confirmou o que dicía unha tradición de máís de 500 anos. En Padrón localizaron indicios dunha pedra moi vinculada á lenda xacobea

Estou no lugar coñecido como A Barca, no barrio da Trabanca de Padrón. A pouco máis dun metro baixo a superficie que piso, no que hoxe é un aparcamento, hai unha rocha de grandes dimensións que ten unha escaleira tallada. A estrutura se corresponde exactamente coa ubicación e características do porto que había xusto xunto á pedra en que, segundo as crónicas medievais, foi depositado o corpo do Apóstolo Santiago. Antigamente isto era un meandro do río Sar, pero foi recheado e non queda nada á vista de todo que había antes. Os indicios que se teñen do pasado saíron á luz por un varrido con xeorradar, hai algo menos dun mes. O equipo de arqueólogos quere agora ampliar os estudo da zona con sondaxes que confirmen o achado.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

14/05/2018