Localizan en Narón o cadáver dunha muller que os seus cans comezaran a devorar
Unha veciña de Narón, de 59 anos, foi localizada sen vida no interior da vivenda na que residía no barrio de Freixeiro, nun avanzado estado de descomposición, case momificada e con marcas de ser parcialmente devorada polos cans que residían con ela.
Segundo apuntaron fontes coñecedoras do suceso, a muller vivía soa nunha casa unifamiliar, nunha vivenda insalubre, sitúada na rúa Cerrallón de Arriba, nas proximidades da vía do tren.
Foi a asistenta social a que alertou a Policía Local de Narón de que había xa varios días que non sabía nada dela, o que motivou que se decidise poñer en marcha un dispositivo para entrar na vivenda, que se produciu a primeira hora da noite de onte.
Unha vez no interior da casa, os axentes da Policía Nacional comprobaron o falecemento da muller e que o cadáver dora atacado polos seus propios cans. Dentro da casa había tamén varios cans falecidos.
Tras a autorización do levantamento do cadáver, foi trasladado á cámara xudicial do Hospital Juan Cardona de Ferrol. Segundo algunhas testemuñas, a muller vivía soa e non se relacionaba con ningún veciño.