CRTVG

Buscar

O home desaparecido en Dumbría durmira nunha leira de millo: así foi o seu rescate

Publicado o 26/09/2019 12:04

A Garda Civil divulgou hoxe as imaxes do rescate dun veciño de 91 anos de Berdeogas, en Dumbría, que desaparecera o martes pola tarde.

O home saíra dar un paseo e non volvera, así que a súa familia contactou co 112. A Garda Civil activou o dispositivo de busca e onte atopárono en bo estado.

Primeiro localizaron dende o helicóptero a súa gorra e as súas lentes e, de inmediato, vírono a el. Pasara a noite nunha leira de millo.

 

Noticias web

26/09/2019