Localizan con vida o home de 75 anos perdido na neve entre Navia de Suarna e Cervantes
Publicado o 06/01/2021 16:16
Nas labores de busca a Garda Civil acaba de localizar no concello lugués de Cervantes o home de 75 anos que desaparecera na neve. Cando o atoparon, estaba desorientado. Agora vai ser trasladado a un centro médico para ser evaluado.
Foi o propio afectado quen contra as dúas da madrugada chamaba a emerxencias para pedir axuda. O home relatou que o seu coche quedara atascado na neve e que decidira continuar a pé pero as malas condicións climatolóxicas fixeron que acabara perdendo a orientación.