Localizan con vida a muller desaparecida na Estrada desde onte á tarde
Publicado o 06/11/2020 16:49

María Teresa Bitancurt, de 87 anos, desparecida onte na Estrada, foi localizada este venres con vida, segundo informan os servizos de emerxencia deste concello pontevedrñes.
María Teresa xa apareceu. Dende aquí queremos agradecer a tódalas persoas que colaboraron no dispositivo de búsqueda. Desexámoslle unha pronta recuperación. pic.twitter.com/pi7eNMFWUV
— Emerxencias A Estrada (@emerx_aestrada) November 6, 2020
A Teresa perdéranlle a pista onte a media tarde, cando ía camiño do centro de día. Equipos de emerxencias e da Garda Civil, xunto con familiares e amigos, despregaran un dispositivo de busca ata que finalmente puido ser localizada.