CRTVG

Buscar

Localizan 23 positivos en coronavirus nun cribado nun colexio de Ferrol

Publicado o 12/03/2021 12:58

A decisión de realizar este cribado neste colexio Tirso de Molina tomouse a raiz do positivo de dous profesores días atrás. Este cribado realizado onte e hoxe entre 390 profesores e alumnos desvelou 23 positivos. Unha cifra que,segundo o SERGAS, podería aumentar xa que aínda non remataron as análises de todas as probas.

Todos os alumnos que deron positivo nas probas PCR son asintomáticos, non hai ningún profesor afectado, e pecháronse catro aulas, segundo ordenaron desde Sanidade ao centro educativo.As probas iniciáronse este xoves e rematan hoxe. Os cursos aos que pertencen estes alumnos son de 2º, 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato.

 Os alumnos pertencen aos concellos de Narón, Ferrol, Neda e Fene e agora comeza o traballo dos rastrexadores para dar cos contactos destes positivos. Desde a dirección do colexio deuse unha mensaxe de tranquiladade, no sentido de que se están escrupulosamente as medidas de seguridade.

 Pero de momento, a consellería decretou o peche de catro aulas da ESO e o alumnado recibirá as clases vía telemática ata o 22 de marzo.