CRTVG

Buscar

Localizan 170 quilos de cocaína ocultos nun colector no porto de Marín

Publicado o 12/11/2019 20:06

A droga ía oculta nun colector que chegou ao porto de Marín e que foi inspeccionado polos axentes. Agora tratan de identificar as persoas que están detrás deste alixo de 200 quilos de cocaína. Segundo a delegación do Goberno en Galicia, o barco en que viña a droga comezou o traxecto en Chile e o último porto en que atracou antes de chegar a Marín foi o de Alxeciras.

Os investigadores traballan para descubrir en que punto foi introducida a cocaína. Os narcotraficantes utilizaron o método do gancho cego, o que implica que nin os propietarios da mercadoría legal, nin os responsables do transporte do colector, coñecían que se introducira a droga. Xeralmente os traficantes rompen os precintos dos colectores e posteriormente substitúenos por outros. Deste xeito buscan que o transporte se realice sen levantar sospeitas.

Xa no porto de destino, os receptores da droga fanse cargo dela antes de que os donos da mercadoría legal interveñan. Neste caso foi interceptada antes pola Garda Civil. A operación continúa aberta e baixo segredo, polo que non transcenderon moitos datos sobre a investigación, que se centra na busca dos narcotraficantes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/11/2019