Localizado o corpo sen vida dun tripulante do Rúa Mar
Publicado o 28/01/2020 20:19
O cadáver localizado a mediodía na costa entre Tarifa e Alxeciras é o dun dos cinco mariñeiros dos pesqueiro Rúa Mar que seguían desparecidos. O pescador tiña 44 anos, era orixinario do Perú e deixa dúas fillas. Os restos mortais do falecido están xa a disposición xudicial. A autopsia determinará as circunstancias da morte.
É o segundo tripulante do pesqueiro localizado. O luns apareceu o corpo do patrón do buque. O concello de Alxeciras ampliou o loito oficial outras 24 horas.