CRTVG

Buscar

Localizado o corpo sen vida dun home nunha vivenda en Fene

Publicado o 08/08/2019 17:09
Localizado o corpo sen vida dun home nunha vivenda en Fene

Localizan o corpo sen vida dun home dentro dunha vivenda no barrio de San Valentín, no concello coruñés de Fene.

A Garda Civil foi alertada por familiares que levaban varios días sen saber nada do falecido. Á espera da autopsia e a identificación oficial, barállase que se trata dun home de 69 anos que responde ás iniciais R.P.F. e que é o propietario da vivenda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí