Localizado con vida o veciño de Muros desaparecido o martes pasado na parroquia de Esteiro
Publicado o 19/01/2019 20:37
O home, atopado ao mediodía nunha leira do Matovello, no mesmo concello, foi trasladado ao centro de saúde para recibir asistencia médica. No operativo de busca participaban efectivos da Garda Civil, da Policía Local, do GES de Muros e voluntarios de Protección Civil de Noia.