Localizadas en bo estado de saúde as dúas persoas desaparecidas en Monterrei e Verea
Publicado o 18/07/2019 19:45

As dúas persoas que estaban desaparecidas na provincia de Ourense, en concreto, en Monterrei e Verea, foron localizadas. En concreto, un home de 69 anos enfermo de alzhéimer, que faltaba desde onte do seu domicilio, situado na parroquia de Cardeu, en Verea, foi localizado "en perfecto estado de saúde", a pesar de que levaba un día desaparecido.
O home apareceu minutos antes das seis da tarde en Gomesende, a máis de vinte quilómetros do seu domicilio.
Pola súa banda, efectivos da Garda Civil de Maceda localizaron unha muller, que se atopa interna na residencia psiquiátrica de Monterrei, que desaparecera ás tres da tarde deste xoves.
Máis sobre actualidade
02/03/2021 16:09