CRTVG

Buscar

Localidades de toda Galicia acollen actos polo aniversario da proclamación da II República

Publicado o 14/04/2018 14:48

Localidades de toda Galicia acollen neste 14 de abril diferentes actos con motivo do aniversario da proclamación da Segunda República. En Vigo centos de persoas participaron na manifestación que por décimo quinto ano consecutivo organiza a Asemblea Republicana nesta cidade. A marcha partiu da farola de Urzáiz ata a Porta do Sol cunha parada na rúa II República, onde Xose Manuel Beiras deu lectura a un manifesto e os asistentes cantaron o Himno de Riego. Roteiros históricos, conferencias e homenaxes son outros dos actos que se celebraron noutras cidades galegas coincidindo co aniversario da Segunda República.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/04/2018