CRTVG

Buscar

Lobotka: "Necesitábamos cambiar de estilo por iso non rendíamos

Publicado o 22/11/2019 20:45

Na súa terceira temporada en Vigo Lobotka segue expresándose en inglés pero seguramente é quen máis claro di que o Celta tiña un problema de estilo. "Necesitamos xogar con outro estilo, como xogábamos cando cheguei aquí." Lobotka chegou ó Celta de Berizzo. O que veu despois non lle gustou. E cre que as fichaxes deste ano non casaban coa proposta de Escribá. "Fichamos a Denis e Rafinha pero non aproveitamos a súa calidade porque só intentamos xogar con balóns longos"

A Lobotka volverán saírlle pretendentes no mercado de inverno. Disque o quere Ancelotti para o Nápoles."Veremos. O novo adestrador dame boas vibracións. Gústame o que se viu no partido contra o Barcelona"
E iso que a convocatoria con Eslovaquia impediulle participar na semana intensiva de Óscar García. E aínda terá que xogar unha repesca para ir a Eurocopa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/11/2019