CRTVG

Buscar

Lobotka advirte sobre Emre Mor: "A súa mentalidade non é a mellor"

Publicado o 13/09/2017 22:04

En Vigo falou hoxe Lobotka. O internacional eslovaco estreou titularidade ante o Alavés cunha boa actuación e agarda repetir no próximo partido fronte ao Español. O centrocampista referiuse tamén a Emre Mor, con quen coincidiu en Dinamarca. Destacou o seu talento pero dixo que terá que traballar duro se quere seguir medrando. 

Stanislav Lobotka coñece ben a Emre Mor. Coincidiu co talentoso xogador de orixe turca na liga danesa e lanza unha advertencia.

Lobotka empeza a deixar a súa pegada no Celta. Ante o Alavés estreou titularidade e vitoria.O eslovaco deixou tamén mostras da súa calidade coa súa selección marcándolle a Inglaterra en Wembley.

Tres dos internacionais do Celta que andaban tocados, Guidetti, Roncaglia e Radoja adestraron con normalidade pero Jonny non puido completar a sesión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2017