CRTVG

Buscar

Lobios, candidata a restricións máximas, coa incidencia que segue superando os mil casos

Publicado o 20/05/2021 14:42

Manuel decidiu pechar o restaurante que rexenta en Lobios cando cerraron as fronteiras. Atópase a tan só 7 quilómetros da raia. Tras meses sen actividade esta fin de semana tiña o local practicamente cheo. Arredor de 30 reservas que tivo que cancelar pola sitaución epidemiolóxica do concello.

Neste intre só podería atender no exterior pero o movemento de xente é case nulo dende que comezaron a subir os contaxios. Unha traballadora dun supermercado comenta que case que non se ve xente. Viven sobre todo dos portugueses que veñen a comprar e non volveron. Tampouco regresaron os turistas que adoitaban vir atraidos polos xurés. Aínda que os contaxios baixaron algo nos últimos días, pasando de 21 a 19 positivos, a incidencia segue a ser moi alta nunha poboación que non chega aos 1.700 veciños polo que xa dan por feito o peche perimetral do concello.

Os veciños afirman que é o mellor para por freo a cadea de contaxios. A alcaldesa, María do Carme Yáñez, subliña que xa chegaron ao pico máximo e agora están baixando. Contan con que a situación se poida normalizar canto antes.

Na área sanitaria de Ourense, ademáis de Lobios, tamén están pendetes da reunión do comité clínico no concello do Barco de Valdeorras onde pasaron de 3 a 16 positivos en menos dunha semana.

Noticias web

20/05/2021