CRTVG

Buscar

Lobios, a piques de entrar en restricións máximas ao ver como se dispara a incidencia

Publicado o 17/05/2021 15:02

O concello ourensán de Lobios é un dos que máis preocupa pola incidencia acumulada da covid e o continuo incremento de casos. Atópase en nivel alto de restricións dende o venres, pero os veciños temen que se incremente. Nunha semana os casos pasaron de 3 a 20, nunha poboación que non chega aos 1.700 habitantes, o que nos dá unha incidiencia acumulada superior aos mil casos por cada cen mil habitantes.

Así que os veciños xa temen un incremento das restricións, o que levaría a entrar en nivel máximo con peche perimetral, toque de recollida e prohibición de reunións de non coniventes. No supermercado que rexenta Rosa case non hai movemento de xente, pero o teléfono non deixa de soar.

O número de casos disparouse na última semana, chegando a unha vintena de contaxiados, parte deles relacionados cun negocio de hostalería.

Para intentar frear a expansión do virus realizouse un cribado, no que se localizaron catro asintomáticos. O concello xa subiu o nivel de restricións o pasado venres e permite atender só no exterior dos locais de hostalería ao 50 por cento.

En pleno Xurés, algúns turistas aínda se vían este día festivo pola zona. Pero nada que ver co movemento que poderían ter se non fose situación epidemiolóxica. A incicidencia acumulada, superior a mil casos por cada cen mil habitantes, fai temer un incremento das restricións, que supoía un peche perimetral entre outra medidas.

A súa situación será analizada na vindeira reunión do comité clínico, este mércores.

Noticias web

17/05/2021