CRTVG

Buscar

Llull frea a remonta do Breogán con dúas canastras marca da casa (71-79)

Publicado o 17/10/2021 20:50

Gran partido o que disputaron o Breogán e o Real Madrid, que se decidiu nos últimos minutos. Cun gran primeiro cuarto, o Breogán avisou das súas intencións (20-12), pero o Real Madrid respondeu dun xeito máis que contundente. Parcial de 13-18 para chegar ao descanso por diante no marcador (33-40). 

Todo parecía decidido ao final do terceiro parcial (51-63), pero con este Breogán non hai nada imposible. Fixo un esforzo extraordinario e, levado polos azos do público, chegou a poñerse a dous puntos (70-72). Foi entón cando apareceu Sergio Llull, que, con dúas canastras marca da casa, decidiu o encontro (71-79 final). 

Bell Haynes (17 puntos) e Musa (16) estiveron a un gran nivel no Breogán. No Real Madrid os mellores foron Yabusele (14 puntos) e Tavares (nove puntos e oito rebotes). Pero decidiu o de sempre: un Llull que anotou os cinco puntos que marcaron o partido. 

Noticias web

17/10/2021