CRTVG

Buscar

Lluis Costa incorpórase ao traballo co Obradoiro antes dunha semana decisiva

Publicado o 03/05/2019 20:14

O Obradoiro visita este domingo o Andorra, partido en que probablemente debutará Lluís Costa. . Coa permanencia aínda sen resolver, o equipo precisa unha vitoria canto antes co obxecto de revitalizar o equipo. Moncho Fernández agarda que a presenza de Costa axude neste cometido: "É un xogador dende o punto de vista ofensivo moi intelixente, con boa organización, pasador, que fai xogar o equipo".

A do Principado será a primeira das tres citas que os composteláns afrontarán durante os próximos sete días. O xoves xogan ante o Gran Canaria e o sábado fronte a Tenerife: "Calquera vitoria dende o punto de vista anímico será fundamental, seguro que subirá a nosa autoestima pero é unha ecuación que farei cando o logremos. Pase o que pase en Andorra imos ter dous partidos moi importantes o xoves e o sábado", sinala o técnico do Monbus Obradoiro


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/05/2019