CRTVG

Buscar

Llovet volve ir convocado coa selección española

Publicado o 14/02/2019 19:03

Baloncesto. Sergio Scariolo volve contar con Nacho Llovet para os próximos compromisos da selección española. Xunto con Llovet, tamén están convocados os galegos Alberto Abalde e Jonathan Barreiro. España, coa clasificación para o mundial da China xa no peto, medirase a Letonia o día 22 e a Turquía o día 25. A Llovet gustaríalle estar na lista definitiva que dispute o mundial pero recoñece que iso son palabras maiores.

Nacho Llovet: "Eu sei que é moi moi díficil. Poste a mirar e diante teño, sen pensar moito véñenme cinco xogadores NBA na miña posición. Eu non penso niso. Penso que non estou de primeiras, e á vez gozo deste reto e traballo ao máximo e se despois chega pois unha alegría enorme, non?".

Noticias web

14/02/2019