CRTVG

Buscar

Llovet marchará do Obradoiro; Navarro e Spires, preto de renovar

Publicado o 26/06/2019 20:02

• Amaya Valdemoro será a protagonista do Camiño do Obradoiro

Un verán máis, o Obradoiro terá que buscar substitutos para algúns dos xogadores máis destacados do equipo. É o caso de Natxo Llovet. Quédalle un ano de contrato pero non o cumprirá. Todo apunta a que Andorra será o seu destino.

Situación diferente é a de David Navarro e Nick Spires. Rematan contrato pero semella que haberá acordo para a súa renovación.

Sobre Simons e Singler non hai aínda unha decisión tomada.

E acaba de facerse oficial a marcha de Sabat ao Basquet Xirona, en Leb Prata. No tocante ás fichaxes, haberá que agardar, pero o director xeral do Obradoiro considera que terán que reforzar practicamente todas as posicións.

 

Noticias web

26/06/2019