CRTVG

Buscar

Llovet fará 250 partidos na ACB ante o Joventut

Publicado o 12/03/2019 20:03
Llovet fará 250 partidos na ACB ante o Joventut

Nacho Llovet, un dos capitáns do Obradoiro e un dos xogadores máis queridos pola banada do Sar, e xa todo un veterano da ACB aos seus 27 anos. Alcanzar 250 partidos nesta liga non está ao alcance de moitos.

"Parece que foi onte que debutei e van pasando os anos, e os partidos e cando pasa o tempo facendo algo que che gusta pois mellor, contento e intentar sumar outros 250".

Polo camiño deses 250 partidos en nove temporadas, máis de catro mil minutos xogados, 1.373 puntos anotados e 828 rebotes collidos. Na memoria de Llovet moitas vivencias, compañeiros cos que coincidiu e rivais aos que se enfrontou. El destaca os seus debuts coa selección, e cos dous equipos cos que xogou na ACB: o Joventut, onde se fixo como xogador, e Obradoiro. A casualidade quixo que os 250 partidos os vaia celebrar nun enfrontamento entre o Obra e a Penya.

"Xusto os dous equipos en que xoguei na miña carreira, un bonito día para celebralo."

Coa vista posta en novas aspiracións e máis partidos, Nacho Llovet pensa en quen sabe se un debut en Europa co Obradoiro. Aínda que cos números que está facendo tampouco sería de estrañar velo con outra camiseta se chega un equipo dos chamados poderosos e lle fai unha desas ofertas que non se poden rexeitar.

Noticias web

12/03/2019