CRTVG

Buscar

48 mortos e 361 novos contaxios por coronavirus en España nas últimas horas

Publicado o 23/05/2020 19:01
48 mortos e 361 novos contaxios por coronavirus en España nas últimas horas

O número de mortes diarias pola COVID-19 sitúase en 48, oito menos que a xornada anterior. Trátase da menor cifra diaria de falecidos desde mediados de marzo, conforme os datos que recolle Sanidade. Rexistráronse 361 contaxios novos confirmados por PCR en España, tamén cunha lixeira baixada respecto da xornada anterior. En nove comunidades autónomas non houbo falecidos. A maioría das vítimas contabilízáronse en Andalucía con 12 e outras 12 en Madrid, a metade das totais. Cataluña reporta 7 mortos, como o País Vasco, pero ningún novo paciente hospitalizado nin ingresos novos nas UCI.

Con estes datos son 235.290 os casos confirmados de coronavirus e 28.678 os mortos en España. 125 persoas precisaron hospitalización, dúas máis que o día anterior e 13 ingresaron na UCI. Son así 124.757 persoas as que ingresaron en hospitais desde o comezo da pandemia.