CRTVG

Buscar

Lixeiro ascenso dos casos activos en Galicia tras facerse máis de 3.000 PCR nun día

Publicado o 29/06/2020 20:26

Galicia ten nestes momentos 312 casos activos de coronavirus, dous máis ca onte. Os descensos lixeiros rexistrados nas áreas de Vigo, A Coruña e Santiago (-1) non serven para contrarrestar o aumento de cinco casos que se produciu na área de Lugo por mor do brote na Mariña. E todo despois de facérense un total de 3.178 de probas PCR nun só día. 

Non hai variacións nas hospitalizacións —continúan 4 persoas ingresadas en planta— nin no número de falecidos, que se mantén en 619 desde o 10 de xuño.