CRTVG

Buscar

Lixeira repunta de casos activos en Galicia, con dous máis que o sábado

Publicado o 28/06/2020 11:46
Lixeira repunta de casos activos en Galicia, con dous máis que o sábado

O Sergas comunica un total de 310 casos activos por coronavirus en Galicia, dos que 306 están en seguimento domiciliario. Outros catro pacientes están ingresados en unidades de hospitalización, ningún deles nas UCI.

Por áreas sanitarias, 72 casos activos corresponden á Coruña, 39 a Lugo, que rexistra o maior incremento con cinco casos activos novos como consecuencia dos brotes detectados, 22 a Ourense, que estabiliza os casos, nove a Pontevedra, 132 a Vigo, 25 a Santiago e 11 á área de Ferrol. Entre as residencias de maiores hai tres usuarios e 1 profesional con coronavirus.

Hai un total de 10.611 persoas que superaron a covid-19 desde o comezo da pandemia, e a cifra total de mortos en Galicia manténse en 619 persoas. Xa se realizaron 176.539 probas de PCR.