CRTVG

Buscar

Listas as asignacións aos diferentes grupos e as dedicacións exclusivas no Concello de Ourense

Publicado o 25/06/2019 13:07

A oposición no concello de Ourense fala de improvisación e de fraxilidade referíndose ao novo grupo de goberno.

Mentres, Democracia Ourensana e o PP aseguran que están traballando a bo ritmo e en moi boa sintonía. Tiveron varias reunións ao longo destes días. Na de hoxe quedaron listas as asignacións aos diferentes grupos e as dedicacións excluxivas. Queda unha para o BNG e Ciudadanos, tres para o PSOE e 10 a repartir entre PP e Democracia Ourensana.

En canto ao repartimento de áreas, di o alcalde, Pérez Jácome, que está practicamente perfilado. Anuncia que mañá se dará a coñecer.

Noticias web

25/06/2019