CRTVG

Buscar

Liortas no Reino Unido pola escaseza de combustible

Publicado o 28/09/2021 08:51
Liortas no Reino Unido pola escaseza de combustible

A escaseza de combustible causa liortas nas gasolineiras do Reino Unido. O brexit comeza a saírlles caro aos británicos, e é que as restricións que impoñen á inmigración fan que os transportistas, a maioría estranxeiros, non teñan visados para traballar en todo o país. Boris Johnson prevé despregar 150 militares para tentar paliar o desabastecemento nas estacións de servizo. O Goberno permitirá a entrada a 5.000 camioneiros estranxeiros con visados temporais de curta duración. 

Noticias web

28/09/2021