CRTVG

Buscar

Liorta sanguenta en Sevilla con oito feridos nunha pelexa nun bar de copas

Publicado o 02/12/2019 15:00

A policía investiga a sanguenta pelexa que se rexistrou esta fin de semana nun bar de Sevilla. Polo menos oito persoas resultaron feridas nos enfrontamentos nos que usaron como arma os cristais das botellas que rompían. Polo momento non hai aínda unha versión oficial do sucedido na noite do sábado, pero, segundo os responsables do establecemento da barriada sevillana das Tres Mil Vivendas no que ocorreron os feitos, a chispa saltou a partir da disputa por unha botella. A lea foi a máis e os membros dos dous clans acabaron lanzándose de todo, incluídas as cachimbas para fumar que hai no local.

Oito dos implicados na liorta resultaron feridos e un deles tivo que ser operado por un corte. Desde o local aseguran que non houbo disparos nin navalladas e que as únicas armas empregadas foron os mesmos cachos de cristal que xurdían da pelexa. Pero a policía mantén unha investigación aberta para aclarar as circunstancias, os causantes e as responsabilidades polo sucedido.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019