CRTVG

Buscar

Liorta entre populares e socialistas na pegada de carteis en Alcorcón

Publicado o 10/05/2019 16:07

A pegada de carteis rematou en liorta na localidade madrileña de Alcorcón. Membros do PP e do PSOE enleáronse polo espazo electoral e o episodio acabou con denuncias de agresión por ambas as dúas partes.

Os socialistas din que o PP estaba usurpando o seu espazo para colocar os carteis e cando ían gravar co teléfono para denuncialo o actual alcalde, e número dous do PP á comunidade, tiroullo dun golpe.

Os populares desmenten as acusacións e din que as agredidas foron unha militante e unha concelleira do seu partido.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/05/2019