CRTVG

Buscar

Liorta entre dúas nais polo convite ao aniversario dunha nena en Vigo

Publicado o 12/09/2019 14:15

O aniversario dunha nena en Vigo acabou cunha forte liota entre dúas nais e cun aviso á Policía Local. A lea parece que xurdiu a raíz de que a filla dunha delas foi excluída da festa da filla da outra.

Ocorreu na zona das Roteas, na parroquia de Coruxo. Ambas nais enleáronse nunha pelexa e os veciños alertaron as forzas de seguridade. Cando os axentes chegaron ao lugar, unha das mulleres amousoulles varias rabuñaduras e acusou a outra de atacala. Finalmente, ambas presentaron senllas denuncias por agresión ante a Policía Local.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2019