CRTVG

Buscar

Unha lea entre quince persoas en Santiago acaba con dous feridos

Publicado o 10/10/2019 20:58

Pelexa en Santiago a plena luz do día, con paus e tamén cunha pistola. Estiveron involucradas arredor de 15 persoas. Dúas acabaron feridas e trasladadas en ambulancia.

O sangue sinala o lugar da pelexa. Foi a plena luz do día.

"Parou un coche vermello e saíron tres rapaces de dentro con paus", sinala unha testemuña da pelexa.

Os mozos, segundo a testemuña, dirixíronse directos á porta deste edifico onde había un grupo dunhas dez persoas. E comezou a lea. Parece que algún ía armado.

"Empezamos a sentir unha discusión. Eles dicíanlle eres moi valente, deixa a pistola, ti non es un home", di a testemuña do altercado.

Non houbo disparos. Pero o altercardo foi a máis. Chegou outro coche.

"Chegou un coche gris escuro, con máis rapaces dentro que foi o que atropelou. Acabou xente tirada no chan, tiveron que vir ambulancias. Liáronse a pelexar a paus", relata unha testemuña da pelexa.

Ata o lugar trasladáronse dúas ambulancias. Polo menos dúas persoas precisaron atención médica. Tamén chegou a Policía Nacional pero, polo momento, non transcendeu, se houbo detencións relacionadas coa lea.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2019