CRTVG

Buscar

Lino López volve ao Uni Ferrol

Publicado o 11/04/2019 21:26

Volver ser feliz. A Lino López non lle importa pasar nuns meses de dirixir partidos da Euroliga a facelo na segunda categoría do baloncesto español, a Liga Feminina Dous: "Creo que o importante na vida é ser felices e aquí volverei ser feliz, tanto polo cariño mostrado polo club, pola afección, o grupo de traballo que formamos. Xa con moita ilusión de empezar un novo proxecto".

Lino López xa ascendeu unha vez ao equipo. Despois consolidouno na máxima categoría e levouno a xogar polo título. Agora, o presidente do club marca a medio prazo o obxectivo do ascenso. E a curto prazo, tres retos: "Conseguir un equipo que faga bo baloncesto, que ilusione a todos os nosos afeccionados e que lles devolva con esa ilusión o cariño que tiveron esta temporada co club".

Sandra Prieto, a adestradora desta temporada, será a axudante de Lino López.

Noticias web

11/04/2019