CRTVG

Buscar

Lingua de namorar

Publicado o 13/05/2017 13:52

Os gañadores do concurso 'Lingua de namorar' da Secretaría Xeral de Política Lingüística sintetizaron en mensaxes de texto que o galego serve para o verso e para o moceo

Precisamente paixón, unida á lingua é o que amosaron as mozas e o mozo gañadores do concurso Lingua de namorar da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Foron quen de sintetizar en mensaxes de texto que o galego serve para o verso e para o moceo.

Namorar, como máximo en 350 caracteres, e en galego. Ese era o reto para a mocidade que participou no concurso da Secretaría Xeral de Política Lingüística. E así o conseguiron, Diego, Inés, Anabel.

Mentres, as enquisas do Instituto Galego de Estatística din que menos do 25% dos mozos falan, e polo tanto namoran, habitualmente na nosa lingua.

A mensaxe, os gañadores de hoxe, téñena clara.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/05/2017