CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Lina Morgan, incinerada na intimidade despois dunha multitudinaria despedida

Publicado o 21/08/2015 21:32
Esta mañá os restos de Lina Morgan foron incinerados na máis estrita intimidade por desexo da actriz. Foi onte cando durante máis de 8 horas milleiros de persoas puideron achegarse ata o coñecido Teatro da Latina para darlle o último adeus a unha das actrices máis populares e queridas de España. Ás doce da noite, o féretro abandonaba as instalacións entre unha longa ovación de máis de quince minutos por parte dos asistentes, que agardaron pacientemente ata o momento da súa saída. En Madrid, tanto Cristina Cifuentes como Manuela Carmena, manifestaron os seus desexos de organizar unha homenaxe na súa memoria.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

21/08/2015