CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Sensibilizar á pobación do coidado das praias ca limpeza do areal de Santa Cruz

Publicado o 06/10/2017 15:08

Reflexionar e debater sobre o futuro da conservación do noso patrimonio natural, este é o obxectivo dunha xornada internacional que acolle o CEIDA, no concello de Oleiros, en que se dan cita distintas fundacións e administracións.

A través deste acto simbólico, da limpeza da praia oleirense de Santa Cruz, queren chamar a atención e sensibilizar todos os cidadáns con que todo o que se tira polo inodoro vai parar ás nosas praias. Desde a Consellería de Medio Ambiente xa se están a levar a cabo medidas para garantir a mellor calidade das nosas praias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí