CRTVG

Buscar

Limpeza reivindicativa no areal de Bens

Publicado o 08/06/2020 14:40

Entre as actividades organizadas hoxe, con motivo do Día dos Océanos, está a limpeza das praias.
Como a levada a cabo no areal de Bens, na Coruña. Mantendo as distancias de seguridade e debidamente protexidos, este grupo de persoas sumouse á chamada do colectivo ambiental Mar de Fábula. Querían comprobar sobre o terreo se as luvas e máscaras que estamos a usar habitualmente para protexernos da covid-19 xa forman parte do lixo mariño.

Con esta acción reclaman, tamén, solucións para a que, segundo eles, é unha das praias máis contaminadas pola presenza de residuos tóxicos.

Noticias web

08/06/2020